O Xeodestino Terras de Santiago porá en marcha unha canle turística de TV para promover os 11 concellos

08 Xullo 2025

Alcaldes, concelleiros e técnicos de Turismo dos once municipios que compoñen o Xeodestino Terras de Santiago mantiveron unha mesa de traballo para avanzar dentro dos obxectivos de dixitalización recollidos no Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Terras de Santiago. Unha reunión na que acordaron implantar unha canle turística de televisión por IP, que estará dispoñíbel en todas as oficinas de turismo e locais de equipamento público do xeodestino.

Esta plataforma, que tamén estará accesíbel en Internet, ofrecerá información sobre os servizos e axenda de actividades dos once concellos do xeodestino Terras de Santiago: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Na reunión mantida en San Xián de Sales (Vedra), as persoas asistentes acordaron asinar un convenio de colaboración para que Terras de Santiago dote aos concellos das pantallas e equipamento necesario para poñer en marcha o sistema. Pola súa banda, os municipios comprometéronse a achegar toda a información precisa para que se difunda de forma axeitada.

Informaron que estas televisións emitirán de forma continuada información sobre os distintos atractivos do Xeodestino Terras de Santiago, “cun atractivo sistema de carátulas diferenciadoras que proporcionarán unha información sinxela, útil e directa”. Canda esa información, tanto o visitante como as persoas residentes terán acceso a todas as actividades lúdicas, culturais e sociais que se desenvolvan no xeodestino, algo que beneficiará directamente a todo o sector turístico da contorna (aloxamentos, restaurantes, empresas de actividades turísticas…).

Por outra banda, os presentes acordaron solicitar a adhesión do Xeodestino Terras de Santiago á rede Destinos Turísticos Intelixentes (DTI) da Secretaría de Estado de Turismo, que busca contribuír a mellorar a competitividade dos destinos turísticos ao tempo que mantén a calidade de vida das persoas residentes.

Con esta adhesión, o Xeodestino Terras de Santiago aposta por “converterse nun destino turístico innovador, consolidado sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda, accesíbel para todas as persoas e que facilita a interacción e integración da persoa visitante coa contorna, incrementando así tanto a calidade da súa experiencia nos municipios e mellorando tamén a calidade de vida do residente”.

A día de hoxe, a Rede DTI está integrada por un total de 691 membros, dos que 501 son integrantes titulares, 92 membros institucionais, 91 entidades colaboradoras e 7 membros observadores.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.