A Deputación da Coruña convoca unha nova edición do certame de relatos que tamén impulsa o turismo e a paisaxe da provincia: #HoxeEscriboEn

08 Xullo 2025

A Deputación da Coruña, por medio da Bibilioteca Provincial e a Área de Turismo, puxo en marcha #HoxeEscriboEn 2025, a nova edición do concurso de relatos que pretende fomentar o talento creativo ao tempo que reivindica a natureza, o turismo e a paisaxe dos 93 concellos da provincia. A proposta, que se presenta baixo o lema Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña, ofrece a posibilidade a todas as persoas maiores de idade de presentar microrrelatos ambientados nun destes territorios e, así, optar a algún dos premios de estadías rurais ofrecidos. As contribucións gañadoras serán publicadas na web da Biblioteca e nas redes sociais.

As composicións literarias poden estar escritas en galego ou en castelán, pero deben ser inéditas e non ter sido presentadas en ningún outro concurso. Ademais, o texto non poderá superar a extensión de 500 palabras.

A Deputación lembra que é obrigatorio que a temática dos relatos de #HoxeEscriboEn estea ambientada en algún dos concellos da provincia, “aínda que non é obrigatorio que o autor ou autora resida nel”.

Poderán estar relacionados coa historia local, as lendas propias, as tradicións do pobo, persoeiros destacados, valores positivos do municipio ou a súa riqueza cultural ou medioambiental. É dicir, “trátase de resaltar calquera aspecto destacábel do patrimonio da localidade”, explica a Deputación.

O prazo de presentación remata o sábado 17 de agosto. Dita presentación pódese facer a través do formulario habilitado na web da Biblioteca da Deputación da Coruña. Cada persoa poderá participar cantas veces queira, cumprimentando un formulario por cada unha das participacións. Ademais, as dúbidas do concurso pódense solucionar contactando con biblioteca.info@dacoruna.gal ou no teléfono 981 415 176.

Os premios consistirán en paquetes turísticos. O primeiro ofrece unha estadía para dúas persoas dunha noite, con almorzo e cea incluídos, nun establecemento tipo cabanas rurais da provincia. O segundo premio consistirá nunha estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo incluído, nun establecemento rural da provincia. O terceiro premio consistirá nunha comida ou cea para dúas persoas nun establecemento da provincia. Ademais, entre os participantes, sortearanse varios lotes de produtos.

As persoas que resulten galardoadas recibirán a comunicación por teléfono ou correo electrónico e publicaranse nas redes sociais e na web da Biblioteca.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.