O Obradoiro de Emprego Tahume X mellora o paseo de Castro-Catía (Ribeira) e forma a 20 persoas en carpintería e actividades forestais

07 Xullo 2025

A concelleira de Emprego de Ribeira, Genoveva Betanzos, desprazouse este luns 7 de xullo pola mañá á praia do Castro-Catía, compartida polas parroquias de Castiñeiras e Aguiño, para supervisar os traballos de mantemento que está a realizar o Obradoiro de Emprego Tahume X, impulsado en colaboración dende hai unha década polos Concellos de Ribeira e Porto do Son.

A edil saudou en persoa aos integrantes do obradoiro de carpintería e destacou “o esforzo e o bo facer que están a desenvolver nesta praia para que veciñanza e visitantes poidan desfrutar dun paseo renovado e accesíbel”.

Entre os traballos que se están a acometer figuran a restauración da pasarela de madeira, coa substitución de pezas en mal estado, o arranxo das pontes e a mellora das pasarelas de acceso para garantir a accesibilidade universal. Ademais, instaláronse seis novos bancos fabricados polos propios alumnos e alumnas do obradoiro.

O Obradoiro Tahume X, no que participan 20 persoas, permite que estas se formen en especialidades de carpintería e actividades forestais, ao tempo que se contribúe a manter e poñer en valor as infraestruturas do concello.

“É fundamental apostar pola formación ligada á mellora do noso patrimonio natural e infraestruturas porque sabemos que hai moito que atender. Grazas ao traballo destes alumnos e alumnas, espazos como o paseo de Castro-Catía melloran para uso e desfrute de todos e todas”, sinalou a concelleira.

Con actuacións coma esta o Concello de Ribeira pretende mellorar o mantemento que tamén fan dende a brigada de obras ou a Unidade de Condutas Aditivas, ao tempo que se fan formacións para a empregabilidade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.