A AER perfila os detalles da nova edición de Gastromar, que abre as súas portas o 22 de agosto

04 Xullo 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira segue a consolidar as bases da nova edición de Gastromar, co obxectivo de acadar as máximas implicación, participación e repercusión. Perfilar os detalles da nova edición desta feira gastronómica dos produtos do mar de Ribeira, que está prevista para os días 22, 23 e 24 de agosto, foi o obxectivo dunha xuntanza de traballo celebrada este mércores 2 de xullo na sede da patronal (AER).

O Lirio de Ribeira, unha das estrelas gastronómicas da feira

Entre os asistentes que xa confirmaron a súa participación atópase a presidenta das praceiras (Asociación da Praza de Abastos de Ribeira), Juana Gómez, quen, xunto co seu colectivo, contribuirá coa exposición dos peixes que comercializan; A Vinoteca de Tucho, representada polo seu xerente, Tucho Sampedro; a Cooperativa de Armadores, na persoa da súa xerente, Mª José Casais; o Concello de Ribeira, representando polo concelleiro do Mar, Fernando Abraldes; os patróns maiores das confrarías de Aguiño e Ribeira, José Antonio Santamaría e José Antonio Pérez (respectivamente); así como os representantes da empresa Chicolino, Arturo e Rebeca.

Como en edicións anteriores, aproveitouse a xuntanza de traballo para lanzar un convite a todas aquelas empresas e institucións interesadas en colaborar “a sumarse a este evento de gran relevancia para a nosa cidade”.

Durante a reunión abordáronse diversos aspectos loxísticos necesarios para a organización das actividades programadas. A patronal adiantou que se van celebrar en Gastromar degustacións de mariscos como ameixas, navallas, mexillóns e camaróns; peixes como xurelos, lirios, sardiñas e xoubas; e, por suposto, a empanada, “prato imprescindíbel na nosa tradición culinaria”, sinalaron.

A Feira Gastromar está impulsada dende a Asociación de Empresarios de Ribeira en colaboración coas Confrarías de Aguiño e Ribeira, cos produtores de mexillón (OPMEGA), co Concello de Ribeira e, tamén coa Cooperativa de Armadores de Ribeira, a Asociación de Praceiras de Ribeira e unha manchea de empresas e entidades. O obxectivo será novamente “poñer en valor e dar a coñecer os peixes e mariscos da nosa ría”, sinalaron, ao tempo que destacaron a necesidade de reivindicar os produtos que, polas razóns que sexan, non adquiren as meirandes cotización e demanda no mercado.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.