Santiago acolle un roteiro pola vida de Julio Silva, xornalista e activista republicano asasinado en 1937

04 Xullo 2025

O vindeiro xoves 10 de xullo, ás 12:00 horas, terá lugar en Santiago de Compostela un roteiro histórico e cultural que percorrerá os pasos de Julio Silva Vilas, destacado sindicalista, xornalista e activista republicano, asasinado polo réxime franquista en xaneiro de 1937.

A actividade, de carácter gratuito, partirá da Alameda de Santiago, xunto á coñecida estatua das Marías, e será guiada polo historiador e profesor de ensino secundario José Antonio Pérez Fernández, autor do libro Diarios de Julio Silva, que recupera a memoria e os escritos deste intelectual silenciado pola represión franquista.

Este roteiro supón unha oportunidade única para afondar na historia local compostelá e na vida dun personaxe clave do republicanismo galego, cuxo compromiso coa liberdade, a cultura e a xustiza social marcou unha época convulsa e determinante da historia contemporánea de Galicia.

A actividade está organizada por Nova Escola Galega, en colaboración coa Revista Galega de Educación, e conta co apoio e financiamento do Concello de Santiago. Está limitada a 35 prazas, polo que é necesaria inscrición previa, a cal se pode realizar a través do código QR incluído no cartel ou escribindo ao correo electrónico neg@neg.gal.

Un acto de memoria histórica e pedagóxica que pretende visibilizar figuras esquecidas e dar voz aos que foron silenciados.

O guía deste roteiro é o profesor de ensino secundaria José Antonio Pérez Fernández, autor do libro “Diarios de Julio Silva”.  Silva Vilas, foi secretario xeral da UGT en Ribeira, membro da Juventud Cultural Republicana e colaborador en xornais como La Lucha, RAIG e Ser. No seu diario, recuperado recentemente pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de Barbanza (CRMHB), reflíctense as súas ideas, as súas esperanzas e o medo crecente ante a persecución política que finalmente lle custou a vida.

Julio Silva foi detido tras o golpe de Estado de xullo de 1936 e xulgado en decembro dese ano en Santiago xunto con outros compañeiros e condenado a pena de morte. Os seus escritos, agora recompilados neste libro-álbum, permiten reconstruír non só a súa historia persoal, senón tamén o, contexto político e social da época.

Baseado nas memorias que escribiu no cárcere e que foron redactadas por José Antonio Pérez Fernández, este álbum ilustrado rescata a historia de Julio Silva, un barbeiro “cuxa vida simboliza a loita pola liberdade e a resistencia fronte á barbarie da Guerra Civil”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.