Venres 4: sol, vento do nordés e ascenso térmico

03 Xullo 2025

Continuamos este venres baixo a influencia das altas presións entrando en forma de cuña polo noroeste. Con esta situación, prevese unha xornada de ceos con intervalos de nubes e claros.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, tanto nas máximas como nas mínimas, mantendo un ambiente agradable en boa parte do territorio. ( na comarca chegaremos ós 35 graos e en Santiago por riba dos 30)

Os ventos soprarán do nordés, con intensidade frouxa a moderada no interior, moderada na costa, e forte nos tramos entre Estaca de Bares e a Costa da Morte, onde se poderían rexistrar refachos significativos.

En resumo, Galicia vivirá unha xornada de transición, marcada pola estabilidade relativa no oeste e centro e máis inestabilidade nas zonas orientais, cunha clara presenza do vento do nordés como protagonista meteorolóxico do día.

meteogalicia

O noso mar; Vento do nordés á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 2 a 4 á tarde. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.