Aseguradas varias chapas con risco de caída nun edificio da rúa Miguel Rodríguez Bautista, no concello de Ribeira

03 Xullo 2025

Os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira foron alertados na noite deste mércores 2 de xullo, arredor das 23:30 horas, para a retirada dunhas chapas soltas no tellado dun edificio da rúa Miguel Rodríguez Bautista, no concello de Ribeira, con risco de caída á vía pública.

Unha vez acceden ao tellado, os bombeiros provinciais comproban que está sendo cambiado e que o que está solto son os cumes. Unha vez detectan cales son, procederon a aseguralos para evitar a caída. Ademais, notifican da necesidade de avisar á empresa encargada dos traballos para solucionar este problema, agravado polo forte vento reinante.

Completou o operativo a Policía Local de Ribeira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.