Amicos agradece o apoio unánime do Concello de Boiro ao proxecto Biomans

02 Xullo 2025

A Asociación Amicos quere expresar publicamente o seu agradecemento ao equipo de goberno do Concello de Boiro e a todos os grupos políticos con representación municipal pola súa colaboración e apoio unánime á declaración de especial interese e utilidade das obras para a construción dun peche perimetral na finca que a entidade posúe neste municipio.

O acordo foi aprobado durante o pleno ordinario celebrado o pasado xoves, 26 de xuño, e representa un avance significativo na consolidación do proxecto Biomans, unha iniciativa promovida por Amicos centrada na produción ecolóxica, a recuperación de terras e a creación de oportunidades formativas e laborais para persoas con discapacidade intelectual ou en risco de exclusión social.

As obras permitirán mellorar a seguridade da parcela e avanzar na adecuación dos espazos, garantindo a continuidade dunha actividade que combina inclusión social, respecto polo medio ambiente e dinamización do rural.

Desde Amicos destacan o compromiso e a sensibilidade mostrados polo Concello de Boiro coa súa labor, así como o apoio recibido por parte de todas as forzas políticas. “Este respaldo unánime permítenos seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta, sostible e inclusiva”, sinalan desde a entidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.