O Museo Municipal de Ribeira organiza visitas teatralizadas sobre o Santa Isabel e un obradoiro sobre traxes tradicionais

02 Xullo 2025

A concelleira de Cultura, Antía Alberte xunto co responsábel do Museo Municipal, Miguel Vidal; informaron este martes 1 de xullo das actividades previstas no céntrico museo para animar á veciñanza e aos visitantes, destinadas a mergullalos tanto na historia de Ribeira (coa visita teatralizada do Santa Isabel) coma na historia do traxe galego.

A concelleira informou que ambas actividades están xa en movemento, e “queremos facer fincapé en que durante o verán tamén estarán aí para quen teña interese nelas”. Antía sinalou que se priorizarán as mañás debido a estas épocas estivais, as actividades son de balde e se farán con reserva previa; de xeito presencial no museo, por teléfono 981 87 35 95 ou enviando un correo museo@ribeira.gal.

Visita teatralizada á exposición do Santa Isabel e as Heroínas de Sálvora

Dunha maneira sinxela, orixinal e dinámica, farase unha viaxe no tempo para contar a historia do afundimento do barco Santa Isabel nas costas de Sálvora. A narración será realizada en primeira persoa pola voz dunha artista que se caracterizará dunha das heroínas de Sálvora (Cipriana) facendo pública, dunha maneira amena e entretida, esta historia tan nosa. As datas que se poden escoller son o 3, 17 e 30 Xullo; o 3 e o 28 de agosto e o 10 de setembro. As visitas realizaranse de 12:00 a 13:00 horas.

Obradoiro do traxe tradicional: “Cóntoche un traxe”

Dunha “maneira sinxela, orixinal e dinámica”, da man da experta Montse Rivera, farase unha viaxe no tempo para ver como era o vestiario dos nosos antepasados. A narración irá acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega nos que se alude a pezas do vestiario decimonónico. “Por outra banda, manipularanse estas pezas de roupa e varios asistentes acabarán a charla vestidos como os seus tatara-tatara-avós”, informaron Alberte e Vidal. As datas libres para reservar serán o 10 de xullo e o 19 de agosto ás 12:00 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.