Un tiroteo entre clans deixa un morto e un ferido moi grave en Artes (Ribeira)

01 Xullo 2025

Unha persoa faleceu e varias máis resultaron feridas de gravidade no transcurso dunha pelexa multitudinaria rexistrada na tarde deste martes no Centro Recreativo de Artes, en Ribeira.

O suceso, que ocorreu a última hora da tarde, xerou un importante despregamento de efectivos da Policía Nacional, a Garda Civil e servizos sanitarios. Ata o lugar desprazáronse tamén varias ambulancias e un helicóptero medicalizado, que evacuou a un dos implicados debido á gravidade das súas feridas.

Segundo relataron veciños da zona, durante a disputa escoitáronse disparos, aínda que este extremo non foi confirmado oficialmente polas autoridades no momento de redactar esta información. Ao parecer, no recinto celebrábase uns aniversarios coa asistencia de máis de medio centenar de persoas, e nun momento dado desatouse o enfrontamento violento.

As forzas de seguridade acordoaron a zona e están a levar a cabo as primeiras investigacións para esclarecer os feitos, así como para identificar os autores da agresión mortal e coñecer o motivo que desencadeou a pelexa.

A situación causou gran conmoción na localidade, mentres se espera que nas próximas horas emítase un comunicado oficial con máis detalles.

Ampliación: Segundo fontes próximas ao caso, o enfrontamento produciuse entre membros de dúas familias e comezou tras unha festa de pedida de man. A disputa, cuxo motivo non transcendeu, iniciouse dentro do local, que presenta danos visibles, e continuou posteriormente na rúa.

As primeiras informacións apuntan a que se lanzaron disparos e que os feridos sufriron lesións por arma branca. Tamén se desprazaron ao lugar varias patrullas da Policía Local. A trifulca derivou nunha persecución pola AP-9, onde a Garda Civil efectuou detencións nunha das peaxes.

TVG

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.