O Real de Portosín fai historia convocando o primeiro Campionato Galego de Wingfoil

01 Xullo 2025

Juan Caballero (texto e fotos). O Salón Nobre do Real Club Náutico de Portosín foi escenario da presentación do primeiro Campionato Galego de Wingfoil, un evento que fai historia na nosa comunidade por ser o primeiro da súa clase en disputarse.

O comodoro Miguel Reboreda foi o encargado de actuar como mestre de cerimonias, nunha rolda de prensa á que asistiron o concelleiro de deportes do Concello de Porto do Son, Carlos Lorenzo; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Roberto García; o patrón maior da Confraría de Pescadores de Portosín, Isaac Gaciño; e o director de deportes do Son, Luis Otero.

“A clase é moi nova. Foi creada en 2019, ano no que o wingfoil quedou definido tal e como se coñece na actualidade”, comentaba Reboreda. “É unha disciplina que está moi estendida nas praias. Está a navegarse moito, incluso compaxinando o kite co wingfoil e proba diso son os máis de 20 rexistrados para este campionato”, explicaba o comodoro.

“Hai que agradecer a este club a dinámica que xeran, na organización de eventos deportivos e iso fai que se converta nunha referencia, poñendo en valor todo o voso esforzo e a promoción que do deporte da vela facedes”, dicía García.

Pechaba a quenda de intervencións o concelleiro de deportes que comentaba que “hai que felicitar ao club por ter a valentía de apostar por novas modalidades e ofrecer algo diferente”. Terminaba Lorenzo resaltando a figura de Iago López Marra “un deportista olímpico natural de Portosín e que está a promover esta nova clase de vela”.

O wingfoil é unha nova modalidade deportiva que combina elementos do kitesurf e do windsurf, utilizando unha táboa curta con foil e unha vela, a modo de papaventos, que se puiden inflar, sosténdoa directamente coas súas mans que posiciona en función da dirección do vento e da velocidade que queira alcanzar.

Con máis dunha vintena de rexistrados, o olímpico Iago López Marra, impulsor da modalidade, será un dos que este sábado estea na liña de saída, un trazado moi técnico entre boias e onde prevalecerá a cinguida.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.