O Concello de Muros celebra os próximos días 4, 5 e 6 de xullo as XX Xornadas de Cultura Mariñeira (Muros Mira ao Mar)

01 Xullo 2025

O Concello de Muros celebra esta fin de semana, entre o venres 4 e o domingo 6 de xullo, a XX edición das Xornadas de Cultura Mariñeira, baixo o epígrafe Muros Mira ao Mar. A axenda de actividades vén con propostas para todas as idades. Serán, segundo fixo saber o Concello, tres días de mercado, concursos, obradoiros, visitas guiadas, demostracións grastronómicas e exposicións… actividades todas elas vinculadas co mar.

Na presentación das xornadas participaron a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Cultura e Turismo, Caridad González; a concelleira de Lingua, Festexos e Promoción Económica, Laura Rivadeneira; a concelleira de Seguridade Cidadá, Sandra Maneiro, e o concelleiro de Deportes, Damián Torea.

O venres, haberá ademais concerto da ESMU, maxia, o conxuro da queimada e máis música polas rúas e prazas de Muros.

O sábado, circo, teatro e música con 9Louro e Susana Seivane, entre outros.

O domingo, fin de festa co Festival folclórico coa AF Ximiela, AC Ponte Vella, Grupo de música tradicional de Outes, As Carameleiras do Tremuzo e AC Princesa Dácil.

A alcaldesa, María Lago, destacou “a implicación de novo do tecido asociativo local e da veciñanza”, mentres que Caridad González destacou “a traxectoria destas xornadas durante 20 anos, ata ser xa unha referencia en Galicia ”. Laura Rivadeneira lembrou que “a realidade é que Muros mira ao mar todo o ano, aínda que nestes días compartimos a nosa esencia con toda a veciñanza e os que nos visitan”.

O concello recibiu para a celebración deste evento unha subvención da área de Promoción Económica da Deputación da Coruña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.