O Museo Valle-Inclán prosegue a súa serie de experiencias virtuais diarias para combater as limitacións do Estado de Alarma

08 Abril 2020

O Concello de Pobra do Caramiñal segue adiante coa súa iniciativa de visitas virtuais diarias ao Museo Valle-Inclán, da man dos diferentes artistas que ao longo do tempo retrataron ao autor de Luces de Bohemia, un escritor que, como lembraremos, foi veciño ilustre da vila caramiñá. O obxectivo do Concello e dos responsábeis do Museo é mitigar con cultura, arte e literatura o confinamento das familias nos seus fogares durante o Estado de Alarma, ao tempo que se contribúe, dixitalmente, a situar A Pobra no mundo. Quen queira seguir de preto as visitas pode facelo a través da web do Concello, onde se nos dá conta de cada actividade diaria. A experiencia deste luns (a número XX) foi unha viaxe virtual á contribución valle-inclanesca de Moyá del Pino, e a deste martes achegounos á obra de Domingo Regueira (unha aproximación ao universo das Comedias Bárbaras).

A iniciativa, como lembraremos púxose en marcha en marzo con feitura de experiencias diarias coleccionábeis dirixidas a enxalzar a obra e a vida do autor de Divinas Palabras. A intención é que mentres dure a actual situación sanitaria, cada xornada se abra a colección patrimonial para ofrecer unha escolma dos fondos do Museo, converténdose así nunha pinacoteca virtual para un público non presencial. As persoas interesadas poden seguir as publicacións a través do Facebook de Turismo A Pobra do Caramiñal e, como dixemos, da páxina web www.apobra.gal.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.