Formoso compromete o apoio da Deputación para preservar o Pozo do Cachón, en Muros

30 Xuño 2025

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou o Pozo do Cachón, en Muros, para coñecer de primeira man o estado no que se atopa o histórico muíño de marea. A visita respondeu ao seu compromiso recente coa tenente de alcaldesa e concelleira de Cultura e Turismo, Caridad González Cerviño, no camiño de xuntar forzas co Concello para garantir a conservación destea xoia arquitectónica muradá. Na compaña da edil e da alcaldesa, María Lago, percorreu o que é un dos muíños de mareas máis importantes de Europa, e que na actualidade permanece pechado ao público debido aos problemas estruturais que presenta.

Tal como puido comprobar in situ, deficiencias na cuberta que están a causar filtracións de auga, unidas aos efectos da salinidade na pedra do edificio, “fan necesaria unha intervención para a que o Concello contará co apoio da Deputación”, segundo avanzou Formoso, que salientou “o valor da construción, que constitúe non só un gran atractivo turístico para Muros, senón tamén un elemento singular dentro do patrimonio histórico da provincia coruñesa”.

Segundo apuntou, o seguinte paso para avanzar na conservación do muíño “é que o Concello redacte un proxecto para a consolidación de todos os elementos estruturais, e unha vez que estea concluído, a institución provincial prestará a súa colaboración para que se poidan executar eses traballos”.

O Pozo do Cachón data de principios do século XIX. Nel destaca un dique de máis de 230 metros de lonxitude que facía posible aproveitar as mareas para moer o gran. O edificio chegou a contar con catro moas capaces de transformar en fariña máis de 200 quilos de cereal por hora. Nos anos 90, o muíño rehabilitouse con fondos da Deputación, co fin de habilitalo como museo e centro cultural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.