Este luns remata xuño cun anticiclón e con aire cálido en superficie, o que favorecerá unha xornada maioritariamente estable e soleada.
Agárdanse ceos despexados en xeral, aínda que nas primeiras horas do día poderán formarse brétemas costeiras e néboas en zonas do interior, que se irán disipando co avance da mañá.
As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, tanto nas máximas como nas mínimas, aínda que seguirán a ser agradables. e por riba dos 30 graos.
O vento soprará do nordés, en xeral frouxo, aínda que poderá ser moderado na franxa atlántica.
En resumo, unha xornada de verán tranquila na maior parte do pais, con algunha treboada de tarde nas montañas do interior de Galicia e algo de néboa matinal.

O noso mar; Vento do noroeste, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.



