O Boiro e o Montañeros, campións da Copa Deputación da Coruña de Fútbol 2025

29 Xuño 2025

Xogadoras e xogadores recibiron os trofeos de mans do deputado de Deportes, Antonio Leira, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar, entre outras autoridades que asistiron ás finais.

 EMF Boiro e Atlético Coruña Montañeros proclamáronse hoxe campións da Copa Deputación da Coruña de Fútbol 2025 ao vencer nas finais que se disputaron no campo da Marola, en Oleiros. As boirenses impuxéronse por 4-1 ao Victoria CF coruñés na categoría feminina, mentres que o Montañeros gañou por 2-1 a final masculina fronte ao SD Negreira.

Tras os encontros, o deputado de Deportes, Antonio Leira; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol para A Coruña, Juan Luis Villamisar; a deputada provincial María del Mar Méndez; o concelleiro de Deportes de Boiro, Marcos Fajardo, e a concelleira de Deportes de Oleiros, Teresa Vázquez Maseda, entregaron os trofeos ás capitanas e capitáns dos equipos.

Os clubs gañadores das categorías masculina e feminina da Copa Deputación da Coruña conseguen automáticamente unha praza para a Supercopa Deputación, que disputarán este verán cos gañadores das outras competicións homólogas que se xogan nas provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense. O vencedor da Supercopa Deputación participará na fase previa da Copa do Rei de fútbol a vindeira tempada.

A Copa Deputación da Coruña é un dos torneos máis veteranos de cantos se disputan en Galicia. Reparte este ano un total de 24.000 euros en premios, recibindo 5.000 euros e un trofeo os campións, 4.000 euros os subcampións e 1.500 euros os semifinalistas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.