O Concello de Padrón promove a visibilidade e o respecto no Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

28 Xuño 2025

O Concello de Padrón celebrou este venres 27 de xuño o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cunha programación impulsada pola Mesa Local contra a Violencia de Xénero, que combinou expresión artística, memoria colectiva e compromiso institucional.

A cita desenvolveuse na praza de Macías nun acto que contou coa presenza do alcalde Anxo Arca e as concelleiras Mariló Saco e Ana Castro. A concelleira de Igualdade e Muller foi a encargada de ler o manifesto institucional. “Hoxe, desde Padrón, reunímonos para celebrar a diversidade e reafirmar o noso compromiso coa igualdade e os dereitos humanos. Nesta xornada unímonos para lembrar que cada persoa merece a liberdade de ser quen é, sen medo ao odio nin á discriminación, e para honrar a quen reivindicou valentemente a consecución destes dereitos”, subliñou Mariló Saco.

A concelleira resaltou que, a pesar dos avances lexislativos recentes, “a realidade segue a estar marcada pola discriminación e a violencia”. Ademais, sinalou que segundo datos da Confederación de Saúde Mental Española, “as persoas LGTBI reportan máis do dobre de intentos de suicidio, cunha taxa que supera o 30 %”, unha realidade que debe motivar unha acción firme das institucións.

“Desde o Concello de Padrón comprometémonos a continuar apoiando ao colectivo LGTBI e a traballar incansablemente para erradicar a LGTBIfobia en todas as súas formas. O noso pobo será un espazo seguro, onde todas as persoas sexan respectadas, valoradas e celebradas por quen son”, afirmou a concelleira.

Mariló Saco finalizou a súa intervención afirmando que “seguiremos traballando ata que cada persoa poida vivir con orgullo e dignidade, libre de discriminación e violencia. A construción dun futuro inclusivo require que defendamos a diversidade como un piar fundamental da humanidade. Viva o Día do Orgullo!”.

Tras o manifesto, preto de 70 persoas participaron nun divertido e animado obradoiro de Voguing Dance impartido por ALAS A Coruña, onde veciñas, veciños e mesmo turistas puideron experimentar esta linguaxe artística de apoderamento, identidade e expresión libre. As persoas participantes recibiron camisetas conmemorativas que simbolizan o seu compromiso coa causa.

Padrón con orgullo

Como parte da celebración, o alcalde, Anxo Arca, e a concelleira de Igualdade, Mariló Saco, acompañaron ás representantes da Asociación A Carballeira de Estramundi na colocación das bandeiras LGTBIQ+ elaboradas a man pola propia entidade veciñal. Estas bandeiras -coñecidas como a bandeira do arco da vella- simbolizan a diversidade sexual e de xénero.

As pezas foron instaladas en espazos emblemáticos como as estatuas da Pementeira e do Peregrino, facendo visible desde o corazón de Padrón o apoio incondicional á igualdade, á liberdade e ao respecto.

Esta iniciativa da Asociación A Carballeira únese ás accións do Concello de Padrón, que incluíron a colocación de bandeiras, pancartas e bandeiriñas LGTBI+ nos principais puntos do municipio, enchendo Padrón de cor e compromiso con motivo do Día do Orgullo.

Con estes actos, o Concello de Padrón reitera o seu compromiso coa diversidade, a igualdade e a loita contra todas as formas de discriminación, construíndo así unha sociedade máis libre, xusta e respectuosa.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.