A Pobra do Caramiñal reunirá a 150 odontólogos nun simposio internacional sobre implantes dentais

27 Xuño 2025

A Pobra do Caramiñal converterase esta fin de semana nun referente no ámbito da odontoloxía coa celebración do Simposio Internacional sobre Implantes, que reunirá na localidade a 150 profesionais do sector. O evento está organizado pola Atlantic Dental Institute e a multinacional sueca Nobel Biocare, e terá lugar os días 28 e 29 de xuño.

Durante dous días, expertos nacionais e internacionais abordarán os últimos avances en implantoloxía dental, con especial atención ao maneixo de tecidos brandos e duros, así como ás novas tecnoloxías dixitais aplicadas ao sector.

O doutor Gonzalo López, presidente do comité organizador, destacou a importancia de achegar este tipo de eventos a contornas fóra dos grandes núcleos urbanos, e sinalou que “a implantoloxía moderna non se pode entender sen unha visión integral da saúde oral”.

Entre os relatorios máis destacados figuran os dos doutores Gustavo Giordani e Sergio García Bellosta, que abordarán cuestións como o tratamento de zonas estéticas e protocolos cirúrxicos simplificados. Tamén se tratarán técnicas de cirurxía guiada, o uso de fluídos de plasma ou a rexeneración ósea.

O simposio celebrarase o sábado no Teatro Cine Elma

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.