A Pobra do Caramiñal acollerá tres espectáculos do Festival Atlántica entre o 3 e o 5 de xullo

02 Xullo 2025

A Pobra do Caramiñal será un dos escenarios do Festival Atlántica, unha cita imprescindíbel coa narración oral que enche Galicia de contos, poesía e tradición. O municipio pobrense acollerá tres espectáculos diferentes os días 3, 4 e 5 de xullo, pensados para públicos diversos e en espazos singulares.

A primeira proposta, Artiloxios, será o día 3 ás 21:00 horas no Cine Elma.  Unha actuación poética e chea de imaxinación a cargo de Oswaldo Pai. O artista combina a palabra con curiosos artefactos mecánicos e electrónicos que acompañan os seus textos e os de grandes autores e autoras como María Elena Walsh, Federico García Lorca, Gloria Fuertes ou o propio Oswaldo Felipe. A obra está dirixida a público infantil a partir de 6 anos, así como público familiar e adulto.

Ao día seguinte, 4 de xullo, ás 21:30 horas, nos xardíns do Pazo do Couto, será a quenda de Vicio houbo sempre, de Atenea García. Trátase dunha narración oral baseada en testemuños reais de mulleres maiores de 85 anos, que rompen silencios e tabús arredor da sexualidade e o pracer. O espectáculo está pensado para o público adulto.

O ciclo pecharase o 5 de xullo ás 21:00 horas no castro de Posmarcos, co contacontos Novas historias de filandar, de José Luís Gutiérrez, Don Guti. Nesta proposta, o artista mestura contos tradicionais, romances e historias e vida recollidas na tradición oral, nunha homenaxe ás persoas maiores que lle transmitiron ese legado. Unha viaxe emotiva definida para o público adulto.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, destacou que “é un gran orgullo acoller un festival coma este, centrado na posta en valor da nosa lingua, a nosa historia e a nosa identidade” e convidou a veciñanza e visitantes a “achegarse para gozar destas fermosas historias”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.