Cuevas Cash abre na Pobra do Caramiñal o seu modelo de gran centro de alimentación

26 Xuño 2025

Grupo Cuevas inaugura este xoves, día 26 de xuño, o seu primeiro centro Cuevas Cash na área do Barbanza. A Pobra do Caramiñal foi a localidade elixida para este gran centro de alimentación que está situado na rúa da Atalaia Nº12 A, na zona coñecida como Campo da Feira. Para o grupo empresarial galego, este “será o primeiro punto de venda propio nesta zona costeira e desde o que proxecta poder dar servizos a toda a área do Barbanza”.

Cuevas Cash A Pobra do Caramiñal convértese no cuarto centro desta insignia na provincia da Coruña (ata a data Grupo Cuevas contaba cun situado na Coruña cidade, outro en Santiago de Compostela e, finalmente, un máis na Serra de Outes). En palabras da compañía, este establecemento de Grupo Cuevas aspira a converterse “nun punto de referencia para realizar a compra que abrangue o Barbanza e entre os que se inclúen os municipios de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, e Ribeira, Lousame, Porto do Son, Muros, e ata Carnota”.

De feito, Cuevas Cash A Pobra do Caramiñal abre co obxectivo de dar servizo ás máis de 65.000 persoas que residen na actualidade na zona do litoral do oeste coruñés.

Artur Yuste, director xeneral de Grupo Cuevas, reforza a idea de que “a chegada a esta comarca galega era unha das nosas materias pendentes. Xa tiñamos certa presenza nalgunhas localizacións desta parte do litoral e a apertura de Cuevas Cash A Pobra do Caramiñal vén consolidar a nosa estratexia de crecemento en Galicia e, particularmente, nesta zona da provincia da Coruña. Non foi ata dar coa localización na que nos sentiramos cómodos ata que demos o paso que nos permitira dar un mellor e maior servizo a todas aquelas persoas que deciden vivir no rural e en crear futuro e riqueza nel. Comprometémonos con este obxectivo xerando emprego e proporcionando os servizos necesarios para facelo realidade, e apostando, tamén, pola sustentabilidade alimentaria, poñendo o foco nos produtos de proximidade e achegándoos á poboación”.

Cuevas Cash A Pobra do Caramiñal conta con 775 metros cadrados destinados á venda e unha zona de aparcadoiro gratuíto para clientes. Os frescos ocuparán un lugar destacado con mostradores e zonas de venda asistida destinadas a carnicería, froitería, panadería e charcutería.

A tenda abrirá as súas portas de luns a sábado de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Á fronte dela atoparemos a un equipo formado por 16 persoas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.