A Xunta repartirá máis lotes de máscaras nas lonxas de Ribeira, O Son, Aguiño e Rianxo

07 Abril 2020

O Goberno galego, a través da Consellería do Mar, repartirá 10.000 máscaras de protección fronte ao COVID-19 nas lonxas dos peiraos de titularidade autonómica. O persoal encargado da distribución do material en máis de trinta rulas da nosa terra serán os axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia. O reparto realízase en base ao volume de actividade de cada lonxa e tendo en conta que, en palabras de Mar e do Goberno central, “trátase dun ámbito esencial para o abastecemento de alimentos de calidade á cidadanía”. As máscaras chegarán ás rulas de Ribeira, Porto do Son, Rianxo e Aguiño.

A Administración galega pretende contribuír a que “o persoal destas instalacións conte con mellores medios para desenvolver o seu labor en condicións de seguridade e previr así posíbeis contaxios”.

Estes elementos de protección individual foron entregados polo Executivo galego ao Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, que está a preparar os distintos lotes e que se encargará do seu envío a aquelas lonxas que manteñen a súa actividade.

Na provincia da Coruña as lonxas que seguen operativas e que recibirán este material son as de Ribeira, Cedeira, Portosín, Camariñas, Malpica, Porto do Son, Laxe, Muxía, Fisterra, Rianxo, Corcubión, Aguiño, Ferrol, Carnota, Cariño, Camelle, Barallobre e Espasante. No caso de Lugo son dúas, as de Burela e Celeiro, e na provincia de Pontevedra as de Portonovo, Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Bueu, Cangas, Vilanova de Arousa, A Guarda, Redondela, Campelo, Moaña, Carril e a Cooperativa Ría de Arousa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.