A Pobra acollerá o II Foro Atlántico Empresarial, un encontro para analizar o presente e o futuro dos polígonos industriais

24 Xuño 2025

O Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal será este mércores 25 de xuño o escenario do II Foro Atlántico Empresarial. O evento, organizado polo Concello e Solo Empresarial do Atlántico (SEA) en colaboración co Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, buscará servir como espazo un espazo de reflexión no que os representantes das administracións, técnicos e empresarios poidan analizar e poñer en común a situación actual dos parques industriais”. Esta segunda edición do Foro contará coa presenza do alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e da xerente de SEA, Beatriz Sestayo.

O rexedor será o encargado de inaugurar a cita ás 16.30 horas. Farao xunto á xerente de SEA e o presidente da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos da Pobra do Caramiñal, José Antonio Vidal Romero. A partir das 17.00 horas desenvolveranse as diferentes mesas-diálogo, que se prolongarán ata as 19.00 horas (cando está previsto o remate da última).

Ao longo destes debates abordaranse cuestións como a Intelixencia Artificial e a súa aplicación para as empresas, a solución á actual demanda de solo industrial, a empresa e a enerxía e a internacionalización das compañías. Para tratar estas cuestións contarase cun amplo número de expertos: o director executivo (CEO) en 2Ksystems, Pablo Rivera Somorrostro; a doutora e profesora de Dereito Civil da Universidade da Coruña, Belén Trigo; os avogados de SEA, José Rey Hermida e Antonio Quintela; os enxeñeiros técnicos industriais de Ireno Ingeniería y Energías Renovables, Rosa Salgueiro Rodríguez e Arturo Carrasco Iturra; e a directora territorial de comercio e ICEX en Galicia, Patricia Pérez Martínez. Ademais dos relatorios e explicacións dos profesionais, o público asistente terá tamén a posibilidade de expor as súas dúbidas e cuestións.

A clausura está prevista para as 19.00 horas, e correrá a cargo da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e da xerente de Solo Empresarial do Atlántico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.