A Piscina de Porto do Son acolle este martes e este mércores a festa de fin de curso das súas formacións deportivas

24 Xuño 2025

O CD Piscina Municipal de Porto do Son acolle esta semana a festa de fin de curso das actividades deportivas desenvolvidas no complexo deportivo. Será unha cita por partida dobre: este martes 24 de xuño pola tarde e este mércores 25 de xuño tamén pola tarde. Na xornada deste martes haberá reos acuáticos e na deste mércores 25 unha festa de inchábeis.

Trátase de actividade en ámbolos casos destinados para a rapazada e en diferentes horarios: de 16.30 a 17.15 para nenas e nenos de entre 4 e 6 anos na modalidade de iniciación, entre as 17.30 e as 18.15 para nenas e nenos de entre 4 e 6 pero nas modalidades de medio e perfeccionamento. Entre as 18.30 e as 19.15 será a quenda da rapazada de idades comprendidas entre os 7 e os 9 anos, e a partir das 19.30 entrarán na piscina os maiores de 10 anos e os da modalidade de natación deportiva. Podemos solicitar información sobre esta festa de fin curso na recepción da piscina ou chamando ao 604051189.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.