O Centro de Atención á Discapacidade da Pobra despide o seu programa de educación ambiental tras atender a 74 familias

24 Xuño 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal vén de despedir un importante proxecto no que se mesturaron educación e conciencia medioambiental e que se materializou a través do Centro Integral de Atención á Discapacidade (CAD). A iniciativa, que arrincou en abril do 2024, estivo dirixida tanto a nenos e nenas como a adultos usuarios do CAD. En total, foron 74 as familias que tomaron parte nesta experiencia.

A concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, subliñou “a función rehabilitadora do programa”, no que “o persoal do CAD puido traballar con aqueles cativos e cativas con problemas de integración sensorial”. Con todo, tal e como explicou a edil, este non foi o único obxectivo, senón que tamén se logrou “xerar conciencia entre os usuarios e usuarias sobre a importancia de coidar e respectar as contornas naturais”.

A proposta pechouse, hai uns días, cunha xornada convivencial no local social de Postmarcos. Durante a clausura, os pequenos e pequenas e os seus familiares participaron en actividades como unha merenda sensorial, obradoiros de confección de hoteis para insectos, interacción cos animais da zona ou plantacións de árbores froiteiras nas inmediacións da instalación.

Segundo confirmaron dende o CAD, unha das iniciativas coa que máis gozaron foi o camiño sensorial, no que tiveron ocasión de camiñar descalzos sobre diversas texturas como terra, flores e follas.

Balance do plan

Como parte deste proxecto socioeducativo e ambiental realizáronse 19 saídas a espazos naturais, 22 sesións individualizadas e outras 22 a nivel grupal. Entre as distintas accións que se organizaron houbo obradoiros de estampado con flores e follas, xornadas de limpeza para retirar o que se coñece como basuraleza, para promover o uso de materiais de refugallo e actividades de grafía na praia coa que os nenos e nenas usaron a area para escribir os seus nomes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.