Arde un vehículo na saída da AG-11 en Boiro sen causar feridos

23 Xuño 2025

Un incendio nun vehículo obrigou a intervir aos bombeiros do parque provincial de Boiro arredor das 18:42 horas, despois de que o 112 Galicia alertase dun lume na saída 24 da AG-11, no termo municipal de Boiro.

O incidente tivo lugar no aparcadoiro de Espiñeira, onde os dous ocupantes do coche, dous homes, detectaron o incendio e abandonaron o vehículo sen sufrir danos. Segundo fontes do operativo, o lume se iniciou na zona do motor, provocando danos importantes na parte dianteira do automóbil.

Os bombeiros actuaron con rapidez para sufocar as chamas e evitar que o lume se propagase. No operativo tamén participaron efectivos da Policía Local de Boiro e o Servizo Municipal de Protección Civil, que colaboraron na coordinación da seguridade viaria e na asistencia aos afectados.

A pesar da aparatosidade das lapas, non houbo que lamentar danos persoais.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.