A Concellería de Turismo de Ribeira e Tonhito de Poi presentan un “BonusTrack” do exclusivo Roteiro de Mitos e Lendas

21 Xuño 2025

Debido ao enorme interese e a alta demanda que xerou o Camiño de Mitos e Lendas con Tonhito de Poi, a Concellería de Turismo de Ribeira anunciou a apertura dun BonusTrack para todos os amantes da historia, a cultura e as tradicións locais.

Este roteiro adicional que se realizará o 12 de xullo, foi organizado co obxectivo de “brindar a oportunidade a máis persoas de gozar desta experiencia única, enriquecedora e chea de misterio, que engaiolou a tantos participantes de toda Galicia desde o seu lanzamento”. Para garantir unha maior equidade, as prazas do BonusTrack serán asignadas en orde prioridade a quen forma parte da lista de reserva.

“Queremos que todos teñan a oportunidade de mergullarse nas lendas e mitos que fan especial á nosa cultura oral. A gran acollida motívanos a seguir compartindo estas historias e a fortalecer o vínculo coa nosa comunidade”, expresou o concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta.

As inscricións para o BonusTrack xa están abertas e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden consultar máis detalles e reservar o seu lugar  contactando directamente no 981 873 007 ou na OMIT (Oficina Municipal de Turismo)

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.