Boiro celebra as festas do verán do 4 ao 9 de xullo

19 Xuño 2025

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, deron a coñecer o cartel das Festas do Verán 2025, que se van desenvolver do 4 ao 9 de xullo. O programa de actividades, sinalaron, “engloba propostas tradicionais, tributos, grandes orquestras e iniciativas para a mocidade en tres escenarios distintos”.

“O programa deste ano busca dar continuidade ao que vimos facendo os últimos anos, unha programación pensada para todos os grupos de idade”, afirmou María Outeiral.

O programa comeza o venres 4 de xullo co pregón que este ano estará presentado por Luis Zahera e estará dedicado á mocidade boirense que destaca en ámbitos como a ciencia, a moda, a innovación, a arte, o deporte. Logo, a verbena da praza de Galicia será a cargo da New York, e no parque da Cachada terá lugar a V Remember Fest. Ademais, no Centro Social acutarán Mondedapena e Curi&Soundivan.

O sábado 5 celebrarase a tradicional malla do centeo cos grupos Lumieira, Os Pequenos do Barbansa e Aroña. Na praza de Galicia a verbena da noite estará amenizada polo tributo a Joaquin Sabina e La Banda de Ayer; e na praza do Centro Social actuará De Ninghures.

O domingo será o día do gran espectáculo piromusical ás 00.00 horas na praia de Barraña que este ano contará coa actuación de Fran Sieira e na praza de Galicia haberá verbena con Origen e Suavecito.

Para o luns, o día das peñas, Peñas Boiro AC ten preparados os xogos peñeiros na Cachada con actuación de The Cuncas e tamén DJ Enter, Marcos Magán, Soundivan e Places. Na praza de Galicia haberá verbena con Assia e Tributo a U2; e na praza do Centro Social Uxía Lambona.

O martes a verbena estará amenizada por Paris de Noia e Marbella; os grupos tradicionais Arume, A Dorniña de Abanqueiro e Xoaniñas, terán tamén un oco no programa do martes e na praza do Centro Social Pava e Señora DJ.

A Panorama e DJ Matrek serán os encargados de poñer o broche final ás festas do verán o mércores 9 de xullo cunha gran verbena na praza de Galicia; mentres que Hugo Guezeta actuará na praza do Centro Social.

O alcalde, José Ramón Romero, convidou á veciñanza de Boiro e arredores a desfrutar “do gran traballo que fai o departamento de Cultura do Concello de Boiro para contar cun programa tan completo como este e que todos poidamos desfrutar da nosa semana grande, uns días para compartir con familia e con amigos”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.