A rapazada de Rianxo ten até o 30 de xuño para inscribirse no Campamento Dixital

17 Xuño 2025

O Servizo de Xuventude do Concello de Rianxo impulsa esta tempada estival unha nova edición do seu Campamento Dixital, actividade de conciliación e formación dirixida a rapazada de 9 a 12 anos. Segundo veñen de confirmar dende o Concello, o prazo de inscricións estará aberto ata o 30 de xuño ou ata esgotar prazas. Quen precise máis datos ou facer inscricións pode visitar a web municipal.

O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais, “garantindo así a súa inclusión tecnolóxica e impulsando a mellora dos seus coñecementos e habilitades en materia de seguridade informática e bo uso das redes e dos dispositivos”. Ao mesmo tempo, achéganselles nocións prácticas de utilidade que lles axuden a ter navegación seguras, útiles e proveitosas para a súa formación.

A actividade desenvolverase en dúas quendas, do 4 ao 14 de agosto ou do 18 ao 29 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 horas, no Auditorio de Rianxo.

O campamento será gratuíto e terá unha duración de 15 días.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.