Boiro porase en pé contra o cancro cunha nova andaina solidaria este domingo 22

16 Xuño 2025


A asemblea local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), en colaboración co Concello, celebra o vindeiro domingo 22 de xuño a súa andaina solidaria Boiro, en marcha contra o cancro. A iniciativa dará comezo ás 11.00 e estenderase até a hora do xantar, con saída na praza de Galicia (Boiro), fronte ao Concello. As inscricións pódense facer antes do 19 de xuño ás 23.30 horas (na Oficina de Turismo de Boiro, en Ortopedia Ana Torrente, en Galerías Sargadelos e en Modas Naty). O percorrido sairá do centro da vila e pasará polo paseo marítimo e o esteiro do río Coroño para logo volver á praza de Galicia. Todo o recadado irá destinado a fortalecer a investigación e a loita contra o cancro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.