Ribeira celebra este domingo 15 de xuño o Día da Bici

13 Xuño 2025

Este domingo 15 de xuño, Ribeira vai reivindicar a mobilidade limpa e saudábel coa celebración do Día da Bici, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Ribeira, en colaboración co Club Os Saltamontes e Asociación de Veciños de Carreira. Trátase, en palabras do Concello, “dunha actividade lúdico-recreativa, aberta a persoas de tódalas idades, coa cal téntase fomentar e reivindicar o uso da bicicleta”.

A actividade vaise concentrar na praza de España en Santa Uxía, a retirada de dorsais será a partir das 10:00 h da mañá para dar paso a saída ás 11:00 h. que fará un percorrido urbano ao redor de 5 quilómetros.

Haberá inchábeis para os nenos e nenas, un avituallamento e sorteos.

Será obrigatorio o uso de casco e levar as bicicletas nas mellores condicións posíbeis.

O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, falou os días pasados do obxectivo desta actividade: “Que os máis novos se vaian familiarizando con este medio de transporte, que é tamén unha aposta pola saúde, a practica deportiva, o medio ambiente e pola mobilidade sostíbel”.

Para finalizar, o concelleiro agradeceu a implicación no evento do Club Saltamontes, ao GAEM e a Policía Local e ás tendas Sport BiKe e Dalle ao Pedal pola súa colaboración, ademais de “animar á veciñanza a participar nesta festa da bici”.

Por outra banda Juan Santos do Club Saltamontes recomendou seguir as normas do evento ”para gozar do día coa máxima seguridade”.

Para facer a inscrición, no formulario web dispoñíbel ou entrando na web do concello, ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.