Adecco aposta pola comarca de Barbanza abrindo unha oficina en Boiro con máis de 300 vacantes

12 Xuño 2025

Adecco, a división do Grupo Adecco especializada en flexibilidade e talento, desembarca na comarca do Barbanza (Galicia) cun dobre obxectivo: xerar emprego na zona e converterse nun socio estratéxico para as empresas locais e os profesionais da zona. Faino coa apertura dunha nova oficina en Boiro e o lanzamento dunha oferta para incorporar a máis de 300 operarios/as na industria conserveira, en palabras da empresa “un dos motores económicos da contorna”. Adecco informa que as funcións dos traballadores serán o empaquetado, despezamento e limpeza do peixe e os requisitos para acceder a estes postos son “ter dispoñibilidade de incorporación inmediata e residir preto da zona”. Doutra banda, ofrécese xornada completa a quendas rotativas de luns a venres e posibilidade de estabilización en empresa.

Segundo informa a empresa, “o obxectivo non é só cubrir vacantes, senón ofrecer unha proposta de valor a longo prazo: nutrir ao sector con talento cualificado, reducir o desaxuste entre a oferta e a demanda de perfís clave e mellorar a empregabilidade dos traballadores locais”. Para iso, Adecco puxo en marcha “un modelo que combina empregabilidade, formación continua e flexibilidade legal , adaptado ás necesidades e características específicas do tecido empresarial de Barbanza”, explicaron dende Adecco Boiro, engadindo que ademais de impulsar a contratación directa, a firma favorece a inclusión laboral de persoas desempregadas ou en procura de emprego, e aposta polo desenvolvemento de quen xa están a traballar, pero queren seguir desenvolvéndose. A través das súas escolas profesionais, a compañía capacita tanto a persoas sen experiencia como a profesionais en activo , dotándolles das competencias necesarias para desempeñar as súas funcións de forma máis eficiente e produtiva.

“O noso obxectivo principal é dar resposta ás necesidades da contorna, conectando oportunidades laborais con talento local. Queremos ser un aliado para as empresas e un facilitador do desenvolvemento profesional das persoas”, expresa Noel Muiños, director da oficina de Adecco en Boiro.

Así mesmo, o modelo de actuación de Adecco en Boiro inclúe “estruturas contractuais flexíbeis, adaptadas aos requirimentos do mercado e con total garantía xurídica, o que permite ás compañías operar con seguridade e eficiencia nun contexto de elevada estacionalidade e esixencia operativa”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.