Prosegue a campaña de visitas comentadas para colectivos sociais e grupos turísticos do Museo Valle-Inclán

11 Xuño 2025

Dende o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, dirixido polo noso compañeiro e colaborador Antonio González Millán, informan de que segue adiante con novas actividades divulgativas a campaña de visitas comentadas para colectivos sociais e grupos turísticos.

Trátase dunha iniciativa divulgativa interesada en “poñer en valor icónico, o mérito e a estimación comunitaria que lle corresponden á Torre dos Valle-Bermúdez” que, como lembraremos, serve de sede permanente a este centro museístico, así como á excepcional colección patrimonial de fondos exclusivamente orixinais que reúne como casa da memoria do galego universal Ramón del Valle-Inclán, escritor distinguido como ‘o mellor artista de Galicia’, na actualidade con obra traducida a 34 idiomas do planeta.

As persoas usuarias, grupos concertados seguindo un sinxelo procedemento de solicitude posto a dispor do público en formularios como na web do Museo, son atendidos e instruídos polos comentarios do director e da técnico do museo, como profesionais especializados en didáctica e coñecementos sobre historia da arte, arquitectura, literatura, biografía e obras creadas polo ilustre autor galego. En especial, ofrecendo informacións e propondo novas miradas á Torre dos Valle Bermúdez no Caramiñal, que está declarada Monumento Histórico-Artístico de carácter nacional e recoñecida como Ben de Interese Cultural de España á vez que como Ben de Interese Cultural de Galicia, así como do seu continente: obxectos persoais e familiares constituído por móbeis, documentos, esculturas, pinturas, iconas e caricaturas, os clixés de impresión de libros do autor, a infrecuente colección conxunto das publicacións contemporáneas ao escritor e editor, materiais escénicos, etcétera. “Todo un universo de marabillas ofrecidas ás visitas para ser observadas e interpretadas, para o goce dos sentidos e a aprendizaxe a través do lecer que supón a súa estadía aquí”, salientan dende o museo.

Logo de ter atendido as quendas de visitas solicitadas, entre outros grupos, por entidades como a Asociación de VV. San Roque (Vigo), o Colectivo de xubilados do BBVA (A Coruña), os antigos alumnos do Colexio Galaxia da promoción 1973 (Ribeira), a Asociación Cidadá contra a letra pequena – CONLUPA (Lugo), o museo compartiu as vindeiras citas coas datas e horario de inicio estipulados:

1.- CEPA Aluche (Madrid), 54 persoas, este xoves 12 de xuño, ás 18:20 h.

2.- GALEBAR TURISMO S.L.U. (Granada), 51 persoas, xoves 19 de xuño, ás 17:30 h.

3- Yamaha Custom Club España (Vigo), 20 persoas, sábado 21 de xuño, ás 12:30 h.

4.- Asociación provincial de Pensionistas y Jubilados (A Coruña), 30 persoas, ídem., ás 18:00 h.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.