Educación apraza as probas de acceso a ciclos de FP de grao superior

04 Abril 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de tomar a decisión de aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, prevista para o día 23 de abril, debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19. Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso.
Polo momento mantéñense as probas de acceso a grao medio para o 28 de maio. Así mesmo quedan pendentes de actualización as datas de reclamación contra as listaxes provisionais de admitidos nas probas de acceso a ciclos de formación profesional de grao medio. Toda a información pode consultarse no Portal Educativo, na ligazón,
http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual .
O obxectivo destas probas é permitir cursar estas as ensinanzas de formación profesional ás persoas que non posúan as titulacións esixidas para o acceso, isto é, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou o título profesional básico (ou outras titulacións equivalentes) para os ciclos de grao medio; e, no caso dos de grao superior, o título de bacharelato ou título de técnico de formación profesional (ou equivalentes). Deste xeito a Consellería facilita e impulsa que as persoas continúen formándose para acadar unhas mellores condicións para o acceso ao mercado laboral.

Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo
calendario.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...