Porto do Son favorece a conciliación e crea un espazo de aprendizaxe socio-educativo a través da súa Ludoteca de Verán

11 Xuño 2025

Durante este verán a rapazada de Porto do Son poderá desfrutar da Ludoteca de Verán, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos (nados/as entre 2013 e 2021).  Trátase dun espazo socio-educativo de conciliación familiar no que os nenos e nenas apuntados poderán aprender a través de xogos populares, cooperativos e deportivos, guiados por monitores.

Esta iniciativa terá lugar do 30 de xuño ao 11 de xullo e do 18 ao 29 de agosto. Realizarase de luns a venres, en horario de 09:30 a 14:00 horas.

A proposta está dirixida para nenos/as empadroados no Concello de Porto do Son e darase prioridade (por orde de rexistro de entrada) a se os dous pais/nais traballan ou en segundo grado se a nai ou pai traballa, co obxectivo de favorecer a conciliación.

As prazas son limitadas e as inscricións poderán realizarse do 16 ao 20 de xuño (ou ata rematar prazas) no rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello.

As persoas interesadas tamén poderán obter máis información na Oficina de Deportes ou no teléfono 981 767 589.

“O noso obxectivo é ofrecer unha posibilidade de conciliación familiar na época estival e, ao mesmo tempo, ofertar un espazo de lecer e aprendizaxe, onde a rapazada continúe formándose e asentando os seus coñecementos en ámbitos como o ambiental, cultural ou deportivo”, indicou o alcalde, Luis Oujo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.