O Concello de Boiro quere evitar que as mascotas vaian sen microchip

03 Abril 2020

O Concello de Boiro, co fin de ter un mellor e máis amplo coñecemento sobre as mascotas que residen no termo municipal, está a realizar unha campaña para reforzar o control e identificación dos animais de compañía. A través da campaña infórmase aos propietarios que deben seguir a normativa establecida, “xa que todos os cans deben estar dotados dun microchip identificativo”.

As iniciativas de control estanse a realizar de xeito alterno, tanto no centro do municipio como nos demais núcleos. Segundo informou o Concello, polo momento lévanse controlados arredor de 30 animais de compañía, dos cales detectáronse oito sen microchip.

Na campaña faise saber que os propietarios están obrigados por Lei a instalar microchip nas mascotas como cans e gatos e que teñen un prazo de 48 horas para proceder á súa colocación. Esta actividade de concienciación para os propietarios ten como obxectivo “informar dos beneficios desta medida nos animais”.

De xeito complementario a estas iniciativas, estase a informar aos cidadáns estes días dunha serie de medidas que deben cumprir para pasear as mascotas durante o Estado de Alarma: os paseos deben ser curtos e preto do domicilio, deben facerse sempre en solitario a as mascotas deben ir sempre atadas con correa. As autoridades recomendan facer estas saídas en horas de menor afluencia de xente e tomar sempre medidas de hixiene como lavar as mans ao chegar á casa e tamén limpar as patas e fociño da mascota.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...