O Comisión do COVID-19 de Ribeira informa de máis subministros de equipamento e de medidas para permitir a teledocencia

03 Abril 2020

A Comisión Municipal de Seguimento do COVID-19 do Concello de Ribeira abordou este luns unha destacada serie de puntos, entre os que salienta o subministro de máscaras por parte dos servizos de emerxencia do Concello ao estaleiro de Aguiño e a Gadis Hiper; e a recepción dun kit para a montaxe de 25 pantallas protectoras por cortesía da empresa Mampaten. Na Comisión tamén se informou da ampliación das tarefas de desinfección diaria ao estacionamento da lonxa e das xestións realizadas pola Xunta de Galicia en relación á situación de veciños ribeirenses afincados nestes momentos en Suráfrica e Australia.

Por último, tamén se lembrou “o apoio que o Concello está prestando” á comunidade educativa do municipio, un apoio que se traduce en labores como o reparto de diverso material escolar ou o traslado de ordenadores dende un centro educativo a alumnos que non dispoñen de equipos na casa para permitir a formación online. A día de hoxe catro son centros onde se están a realizar este tipo de traballos (de Olveira, Heroínas de Sálvora de Aguiño, O Grupo e Frións) aínda que, segundo fixo saber o Concello, “estase en contacto co resto de centros para coñecer as súas posíbeis necesidades”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.