Ribeira activa un novo produto turístico que mestura lendas e xogos de rol

05 Xuño 2025

A Concellería de Turismo de Ribeira achegou este 5 de xuño os detalles dun novo produto turístico local chamado Camiño a Valverde. Á presentación acudiron, o segundo tenente de alcalde e tamén concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta máis a responsábel de Mimarte, Tania Fuegho. O edil salientou que se trata dunha proposta innovadora con formato de xogo de rol en vivo (LARP, polas súas siglas en inglés) que se desenvolverá no Parque Natural de Corrubedo.

Este evento combina a aventura, a interpretación de personaxes lendarios “e a exploración da contorna natural nunha experiencia única e inmersiva para todos os participantes poñendo en valor a cultura e as nosas lendas”, sinalou.

O concelleiro informou que se van a presentar 30 prazas para que as persoas participantes poidan xogar divididas en 5 grupos distintos, terá unha duración de 3 horas, de 11:00 a 14:00 horas. Asemade, Suárez-Puerta convidou aos participantes a “interiorizar a personaxe que se lle vai a asignar tanto no propio xogo coma no súa vestimenta”.

O Camiño a Valverde propón aos participantes experimentar a lenda de Valverde, a través de personaxes nun escenario real. Sen un guión ríxido, os xogadores poderán interactuar, tomar

decisións e vivir unha aventura auténtica nunha contorna que fomenta a creatividade, o traballo en equipo e o contacto coa natureza, sinalou, engadindo que este proxecto realizárase en colaboración Espazo Creativo e Escola de Artes Escénicas Mimarte, o día 12 de setembro a partir das 11h, no marco da programación das Festas de Santa Uxía, ofrecendo “unha oportunidade perfecta para que tanto turistas como residentes descubran a lenda de Valverde e a riqueza natural e cultural de Ribeira, promovendo un turismo responsábel e enriquecedor”.

Suárez-Puerta rematou convidando a toda a veciñanza e aos amantes do rol en vivo a sumarse a esta aventura que combina diversión e natureza.

Máis información na web de Turismo de Ribeira. As inscricións deberán facerse na OMIT (Oficina Municipal de Turismo de Ribeira situada no porto de Ribeira), no 981873007 ou a través de turismo@ribeira.gal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.