Aberto en Boiro o prazo de comunicación e solicitude para a realización de cacharelas de San Xoán 2025

05 Xuño 2025

O Concello de Boiro ten aberto dende este xoves 5 de xuño o prazo para a solicitude e comunicación das cacharelas en terreos públicos e privados que se realicen na noite de San Xoán 2025. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o vindeiro 19 de xuño e poderase realizar mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica municipal.

O Concello explica que “as zonas para realizar cacharelas en espazos públicos están delimitadas e, para solicitalas, deberase confirmar previamente co departamento municipal de Medio Ambiente para poder tramitar a correspondente solicitude”, e “no caso de cacharelas particulares, as persoas interesadas deberán facer a correspondente comunicación previa e cumprir coas medidas de seguridade e preventivas esixidas”.

Respecto da restante normativa, o Concello engade que as autorizacións unicamente permitirán as cacharelas a partir das 18.00 horas do día 23 de xuño, debendo quedar perfectamente apagadas antes das 6.00 horas do 24 de xuño. Como norma xeral deberase facer unha devasa para o perímetro que se vai queimar; non se poderá prender lume a menos de 15 metros de edificacións, instalacións ou árbores; non está permitida a queima de certo tipo de residuos; deberase contar coas medidas de prevención do lume; e o volume das cacharelas non poderá exceder os 2 metros de altura e 3 de diámetro.

O prazo de solicitude e comunicación previa está aberto dende este xoves e ata o vindeiro 20 de xuño. Toda a información e modelos de solicitude están dispoñibles na web municipal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.