O alumnado do obradoiro Tahume X recibe unha demostración sobre arborismo en Boiro

05 Xuño 2025

Este mércores 4 de xuño o alumnado da especialidade de Forestal do Obradoiro de Emprego Tahume X, iniciativa de capacitación e inserción laboral dos Concellos de Ribeira e Porto do Son, tivo a oportunidade de descubrir os segredos dunha proxección en alza: a profesión de arborista. Todo grazas ao convite do equipo directivo do Obradoiro de Emprego de Boiro (Torre de Goiáns IV). Especialistas de diferentes países realizaron unhas explicacións e demostracións que foron todo un descubrimento para o alumnado no que destacaron as normas de seguridade e compañeirismo.

Nesta fin de semana celebrarase a XXI edición del Campionato Nacional de Trepa de Árbores no concello de Boiro; o obradoiro tivo o privilexio de observar un adianto do mesmo. Ademais aproveitando o encontro dos obradoiros, o alumnado de TahumeX puido coñecer algúns dos traballos que realiza o Obradoiro de Boiro no Pazo de Goiáns, grazas ás explicacións de Emilio Saborido nun percorrido guiado pola contorna que incluíu, tamén, unha pequena lección de historia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.