Ponte Beluso (Bealo, Boiro) celebra este sábado 7 de xuño a súa Festa na Honra da Virxe das Angustias, organizada pola veciñanza do núcleo (Comisión de Festas) en colaboraicón co Concello de Boiro. A celebración comezará o sábado a primeira hora coas alboradas e coa ruada de música tradicional galega a cargo de Aires do Río Vello e Os Pequenos do Barbansa. Logo está programada unha misa cantada e solemne, sobre as 13.00 horas. A sesión vermú virá da man da Orquestra Costa Dorada, que repetirá á noite, na gran verbena, xunto coa Chocolate Disco Móbil. O luns 9 de xuño proseguirán as celebracións cunha misa na honra da Virxe das Angustias a partir das 20.00 horas.




