Padrón acolle o 18 de xuño unha xornada para identificar e reducir as cargas administrativas

03 Xuño 2025

O vindeiro mércores 18 de xuño, o Centro Social do Concello de Padrón acollerá unha xornada participativa dirixida a persoas autónomas, emprendedoras e profesionais que realizan trámites frecuentes coa Administración Xeral do Estado. O obxectivo principal é “identificar e analizar as principais cargas administrativas que dificultan o exercicio das actividades económicas e profesionais, coa finalidade de promover medidas de simplificación e mellora da relación coa administración”, segundo informou o Concello.

A sesión comezará ás 16:30 horas coa intervención do alcalde Anxo Arca. Seguidamente intervirán representantes institucionais como Eduardo Abad Sabaris, presidente de UPTA España; Inés Mazuela Rosado, responsable institucional e xurídica de UPTA España; así como representantes da Secretaría de Estado de Función Pública como Luisa Berrio Martín-Retortillo (Subdirectora Xeral de Organización e Procedementos) e Javier Barace Morales (Coordinador de Área).

Ás 17:00 h presentarase o Método Simplificado de Medición de Cargas Administrativas a cargo de Carmen García Sánchez, técnica de UPTA España, seguido dun coloquio aberto onde as persoas asistentes poderán expoñer as súas experiencias, detectar trabas e propoñer melloras para facer os procedementos máis áxiles e eficientes.

O aforo é limitado, polo que as persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do correo eva.fuente@upta.es ou no teléfono 91 539 81 26.

Esta xornada, organizada por UPTA España en colaboración co Concello de Padrón, enmárcase dentro das accións para favorecer o desenvolvemento económico local, facilitando o día a día das persoas que sustentan o tecido produtivo da comarca.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.