Muros será o punto de partida dunha iniciativa que reivindica a cultura mariñeira en grandes murais urbanos

01 Xuño 2025

A sede en Noia do grupo GALP Costa Sostible serviu de escenario este 29 de maio para a presentación dunha nova iniciativa que reivindica a nosa tradición do mar dende a arte mural. Trátase do proxecto Nove murais participativos da cultura mariñeira, que se vai materializar ao longo de 2025 nos territorios que conforman a entidade o GALP de Fisterra Ría de Muros-Noia. Estariamos a falar polo tanto das localidades de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son.

Na cita deste 29 de maio participaron o presidente do GALP, Mariano Lago, a súa xerente, Manuela Oviedo, e máis alcaldes e concelleiros dos ditos concellos. Segundo fixeron saber, a finalidade do proxecto é “introducir a visión da mocidade do territorio nas actuacións a realizar polo GALP; reivindicar e facer visíbel a cultura mariñeira a través de novos códigos artístico-urbanos e impulsar o coidado do medio ambiente e a inclusión social”. Os murais serán elaborados por novas e novos artistas das ditas comarcas, que estarán coordinados por Vella Escola, colectivo de Noia con longa experiencia nas diferentes expresións artísticas do que se coñece como cultura urbana. Para a súa elaboración usaranse pinturas sostíbeis e respectuosas co medio natural: materiais fotocatalíticos con capacidade para neutralizar os gases do tráfico rodado.

A primeira das obras de arte será realizada este mesmo mes de xuño por unha ducia de mozos e mozas de entre 15 e 17 anos no Pavillón de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.