Iberdrola activa un punto de atención ao cidadán en Noia

01 Xuño 2025


A firme enerxética Iberdrola puxo en marcha un punto de atención en Noia. O obxectivo da compañía é achegarse no día a día aos seus clientes para mellorar os servizos que presta, ademais de “proporcionar un lugar de asesoramento personalizado tanto para empresas como para particulares”, sinalou a empresa, engadindo que “dende estas instalacións ofrécese información sobre plans enerxéticos, asesórase sobre zonas de recarga para vehículos eléctricos e a súa instalación en domicilios, climatización e rehabilitación enerxética, comunidades solares, o servizo Asistente Smart, que permite controlar e aforrar no consumo, ou novos sistemas de calefacción con aerotermia”.

Ademais, comercialízase electricidade, gas e todos os produtos enerxéticos da compañía.

O punto de atención está situado na Rúa Pontevedra 3, e o seu director é Nel Sinhue García. A compañía activou tamén dúas novas oficinas máis, en Ferrol e Ordes.

Borja Cancela, delegado comercial de Iberdrola en Galicia, destacou que “o noso obxectivo é facer chegar todos produtos enerxéticos da compañía de forma próxima e poder adecualos ás necesidades que ten cada cidadán. Traballamos para promover a eficiencia, o aforro enerxético e o coidado do medio ambiente, e trasladarllo aos nosos clientes con fórmulas máis próximas e humanas a través dun trato totalmente personalizado”.

Engade que desde o novo punto de atención “ofrécese un servizo máis próximo á hora de realizar diferentes xestións como cambio de contas ou titular, renovación de descontos, información de bono social, cambio de tarifa ou de potencia entre outros”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.