O Plan Único da Deputación da Coruña alcanza os 116 millóns co maior investimento anual da súa historia

31 Maio 2025

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade unha modificación de créditos que permite ampliar en 30 millóns de euros o orzamento do Plan Único (POS+2025), elevando a súa dotación total ata os 116 millóns, a cifra anual máis alta desde a creación deste programa en 2017.

Este reforzo orzamentario consolida o Plan Único como o maior plan de investimento municipal de Galicia e un dos máis destacados do Estado español, tanto polo volume económico como polo seu impacto directo na mellora das infraestruturas e servizos locais.

Cooperación e autonomía local

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que este plan “multiplicou por catro o investimento nos concellos” e exemplifica “un modelo de cooperación entre administracións que funciona e xera resultados medibles”. Ademais, subliñou que, por primeira vez, “a Deputación inviste máis nos 93 concellos da provincia da Coruña que a Xunta de Galicia nos das catro provincias galegas”.

Formoso tamén aproveitou para reivindicar unha ampliación do Fondo de Cooperación Local ata un mínimo de 200 millóns de euros, co obxectivo de garantir a viabilidade dos pequenos e medianos concellos, que cada vez asumen máis competencias con menos recursos.

239 obras aprobadas e máis de 800 millóns investidos desde 2017

No mesmo pleno aprobáronse tamén as primeiras 239 obras do POS+2025, por un importe de 32,9 millóns de euros, das que destacan actuacións en:

  • Camiños e estradas municipais (134 proxectos),
  • Pavimentacións e alumeado público (45),
  • Redes de saneamento e abastecemento de auga (31),
  • Instalacións culturais, deportivas e educativas (21).

Por comarcas, a repartición dos investimentos é a seguinte:

  • Compostela: 76 obras – 9,1 millóns €
  • A Coruña: 51 obras – 9,3 millóns €
  • Ferrolterra, Eume e Ortegal: 49 obras – 6,1 millóns €
  • Bergantiños e Costa da Morte: 44 obras – 5,9 millóns €
  • Barbanza: 19 obras – 2,4 millóns €

A maiores, destínanse tamén:

  • 35,7 millóns a gasto corrente (luz pública, lixo, mantemento),
  • 7 millóns a gastos sociais,
  • 12 millóns á amortización de débeda e financiamento de servizos en concellos sen débeda.

Desde a súa posta en marcha, o Plan Único leva investidos máis de 800 millóns de euros en 4.592 obras, converténdose nun referente de xestión transparente, equitativa e descentralizada, que outorga aos concellos total liberdade para decidir o destino dos fondos segundo as súas prioridades.

Pleno deputación mes de maio

COMARCA DO BARBANZA

CARNOTA
Denominación Achega concello Deputación TOTAL
Ampliación da rede de saneamento e pluviais en Parada,
Carnota

0,00 115.609,57 115.609,57

Urbanización na contorna da igrexa de San Clemente do Pindo
(Carnota)

0,00 140.000,00 140.000,00
TOTAL CONCELLO (2 OBRAS) 0,00 255.609,57 255.609,57

LOUSAME
Denominación Achega concello Deputación TOTAL
Mellora de viario de Agriño a DP-1104 e outro 0,00 57.601,95 57.601,95
Pavimentación interior en Chave 0,00 54.740,02 54.740,02
Mellora da pista de acceso a Capelo dende a AC-308 0,00 69.448,70 69.448,70
Pavimentación núcleo de Cairo 0,00 139.419,10 139.419,10
TOTAL CONCELLO (4 OBRAS) 0,00 321.209,77 321.209,77

NOIA
Denominación Achega concello Deputación TOTAL
Renovación do tramo de beirarrúa na rúa de Galicia – números
2 ao 12

0,00 48.380,64 48.380,64

Reposición de pavimento na rúa da Maragata – lugar de A
Barquiña

0,00 79.914,45 79.914,45

Rehabilitación almacén fábrica de curtidos da Chaínza como
centro multiusos

200.000,00 281.441,50 481.441,50
TOTAL CONCELLO (3 OBRAS) 200.000,00 409.736,59 609.736,59

Gabinete de Comunicación da Deputación da Coruña – Avenida do Porto, nº 2.Tfno: 981 080 322

Email: gabinete.prensa@dacoruna.gal

PORTO DO SON
Denominación Achega concello Deputación TOTAL
Saneamento dos lugares de Carantoña e Foloña 0,00 320.233,76 320.233,76
Saneamento e depuración no lugar de Soanes 0,00 36.969,43 36.969,43
Saneamento no Lugar de Parada 0,00 183.875,23 183.875,23
Saneamento e depuración no lugar de Lavandeira 0,00 36.105,49 36.105,49
TOTAL CONCELLO (4 OBRAS) 0,00 577.183,91 577.183,91

RIANXO
Denominación Achega concello Deputación TOTAL
Mellora e mantemento do firme na rúa do Burato a Fachán, en
Taragoña – Fase 2

0,00 102.952,85 102.952,85

Subministración do mobiliario para o Pazo do Martelo como
biblioteca municipal de Rianxo

0,00 70.982,46 70.982,46
TOTAL CONCELLO (2 OBRAS) 0,00 173.935,31 173.935,31

RIBEIRA
Denominación Achega concello Deputación TOTAL
Novo graderío para público no campo de futbol de Carreira 0,00 260.000,00 260.000,00
Renovación do parque infantil da rúa Castelao (Aguiño) 0,00 103.253,52 103.253,52
Pavimentación da rúa Miguel Rodríguez Bautista (Ribeira) 0,00 79.322,65 79.322,65
Ampliación do saneamento en Cristal (Olveira) 0,00 43.059,73 43.059,73
TOTAL CONCELLO (4 OBRAS) 0,00 485.635,90 485.635,90

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.