A Protección Civil da Pobra recibe a placa de ouro polos seus 25 anos de servizo

31 Maio 2025

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal foi distinguida este sábado coa placa ao mérito en categoría de ouro outorgada pola Asociación Nacional de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil, en recoñecemento aos seus 25 anos de servizo á comunidade.

Durante o acto tamén se condecorou aos efectivos que participaron na emerxencia ocasionada pola borrasca Dina en Valencia, destacando así o seu compromiso máis alá do ámbito local.

O alcalde, José Carlos Vidal, estivo presente na entrega e aproveitou para expresar o seu agradecemento ao corpo de voluntarios, cualificando o seu labor como “esencial” para a seguridade e o benestar da cidadanía.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.