O Concello da Pobra conclúe o pavimentado das rúas Manuel Murguía, Alexandre Bóveda e Rafael Dieste

31 Maio 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal vén de rematar as obras de pavimentación nas rúas Manuel Murguía, Alexandre Bóveda e Rafael Dieste, situadas no núcleo urbano e nas inmediacións da Casa Consistorial. Esta actuación, financiada polo Plan Único da Deputación da Coruña POS+2022, contou cun orzamento total de 75.861,82 euros.

A intervención centrouse na renovación integral do firme, co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade e accesibilidade tanto para o tránsito rodado como peonil. Os traballos incluíron tamén a renovación da sinalización correspondente, tanto horizontal como vertical.

A concelleira de Obras, Patricia Lojo, destacou que “estas obras eran moi necesarias para incrementar a seguridade viaria e peonil de tres rúas moi concorridas do noso municipio” e sinalou que se trata “dunha parte da nosa aposta pola mellora de espazos públicos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.