O Campionato Galego de Traiñeiras celebrarase en Aguiño os días 7 e 8 de xuño

30 Maio 2025

O Campionato Galego de Traiñeiras terá lugar na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira, os vindeiros 7 e 8 de xuño. O anuncio fíxose público hoxe nun acto no que participaron o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, o representante da Federación Galega de Remo, Gustavo Vázquez, e o presidente do Club de Remo Náutico de Ribeira, Jesús Silva.

Xabier Vidal agradeceu á Federación Galega de Remo a confianza depositada no municipio, destacando que dende o ano 2011 non se celebraba unha competición deste nivel en Ribeira. Tamén puxo en valor o labor organizativo do Club de Remo de Ribeira e, en especial, o traballo do seu presidente, Suso Silva.

Pola súa parte, Gustavo Vázquez salientou a importancia dos clubs e dos concellos na organización do campionato e destacou o enclave privilexiado de Aguiño, que presenta condicións naturais que poden incrementar a emoción das regatas. Tamén fixo fincapé no impacto económico positivo que terá a competición, con máis de 600 deportistas en liza durante a fin de semana.

O alcalde, Luís Pérez, subliñou que a celebración deste evento supón unha oportunidade para dar a coñecer Ribeira como destino deportivo e turístico. Reivindicou as condicións únicas do campo de regatas en Aguiño, con ondas e correntes que engaden dificultade e atractivo ás probas.

Ademais, Pérez falou sobre as novas instalacións que se están a construír para o Club de Remo, moi demandadas nos últimos anos. Avanzou tamén unha nova solicitude a Portos de Galicia para ampliar o espazo dispoñible co obxectivo de mellorar as condicións de adestramento e fomentar a participación no deporte do remo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.