Boiro participa no Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación que se celebra en Gandía

29 Maio 2025

O concelleiro de Política Social, Raúl Treus, acudiu como representante do Concello de Boiro ao 3º Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional que tivo lugar na localidade valenciana de Gandía xunto co presidente da entidade e alcalde de Nigrán, Juan González, e outros seis representantes de concellos galegos.

O obxectivo destas xornadas, nas que participan máis de 250 representantes políticos e técnicos municipais de todo o Estado, foi debater sobre o papel chave das administracións locais na solidariedade internacional e os desafíos que enfrontan.

O programa do 3º Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional estrutúrase en cinco plenarias que abordan a cooperación multinivel, os retos do actual contexto nacional, a achega do municipalismo á axuda oficial ao desenvolvemento, o impacto do novo real decreto de subvencións e a cooperación feminista.

O Concello de Boiro é socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e forma parte dos 116 concellos e catro deputacións de Galicia que o integran, concentrando a través desta rede esforzos no eido da cooperación aos desenvolvemento.

Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do sur global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. O Fondo Galego vai cumprir 28 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en máis de trinta países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e Axenda 2030.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.