“Vai 40 anos que Galicia reclama o uso do idioma galego nas institucións comunitarias”. Antón Luaces

28 Maio 2025

O Partido Popular (PP) foi un dos representados dende un principio no Parlamento de Galicia que asumiu a reclamación do uso do idioma galego nas institucións da Unión Europea. Pero hoxe en día, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, actual líder do PP de Galicia, coida que esta comunidade autónoma “ten prioridades moito maiores” que o desembolso que pode supor o emprego do galego no Europarlamento. 

É un xeito moi significativo de defender a identidade de Galicia, algo que sí fixo Manuel Fraga Iribarne dende a súa chegada á sede da Xunta, malia un pasado que non facía pensar en tal posibilidade.

O posicionamento marxinal de Alfonso Rueda contraponse cos dos presidentes das outras dúas comunidades históricas españolas (Euskadi e Catalunya) cuxos intereses no uso das súas respectivas línguas nas instancias comunitarias non deixan dúbidas ao repecto, como tampouco as deixan arestora o BNG e o PS de G-PSOE. 

Sen embargo o PP de G. , cos seus 40 deputados no pazo do Hórreo foi o valedor da aprobación a principios deste mes dunha iniciativa socialista en apoio ao uso do idioma galego no Parlamento de Europa. En definitiva, recoñecer o galego como língua oficial nas institucións comunitarias, algo que non acadou por máis que o pelexou o europarlamentario do BNG Camilo Nogueira Román, o enxeñeiro e economista nacionalista galego que loitou entre os anos 1990 e 2004 para se expresar en galego . Só poido facelo en galego-portugués porque o Europarlamento tampouco recoñeceu a língua materna dos galegos como de uso vehicular na Eurocámara.

Pero que unha organización política galega faga renuncia expresa nas institucións comunitarias a algo que defende en Galicia coma signo de identidade propia (a língua de seu) semella non ser moi coherente.

A defensa da oficialidade do galego, o eúscaro e o catalán nos órganos da UE non é nada novo, malia o golpe dado esta semana polo Consello de Asuntos Xerais da Unión Europea, ao pospoñer a votación polas reticencias de cando menos sete estados membros.

Queda todo, polo de agora, a expensas do que o 24 de xuño poda decidir o Consello de Asuntos Xerais da UE xa que logo non se desbota a posibilidade de que España someta este asunto a unha nova votación. 

España forma parte da UE desde novembro de 1987. Dende aquela, o Goberno español – presidido por José Luis Rodríguez Zapatero- realiza a día de hoxe  trámites encamiñados a que as línguas aquí cooficiais poidan usarse nas institucións comunitarias.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.