O Concello da Pobra celebrará en xuño a súa Choqueirada de Verán con Nebulossa como cabeza de cartel

26 Maio 2025

Logo do éxito acadado na edición inaugural, tanto en termos de participación como de repercusión, o Concello volverá celebrar esta tempada 2025 a súa Choqueirada de Verán. A cita, na que a música e os disfraces se converten nos grandes protagonistas, será o sábado, 28 de xuño, e terá a Nebulossa como cabeza de cartel. A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e o edil de Mocidade, Eloy Sobrido, presentaron este luns 26 de maio o programa, co que confían superar os números do ano pasado. O obxectivo, tal e como explicaron os edís, é ofrecer á veciñanza unha celebración “cultural singular e divertida” máis aló dos meses de xullo e agosto, cando hai unha maior actividade no municipio.

Durante a presentación, os concelleiros explicaron que, tras o interese que se suscitou na Choqueirada de Verán do 2024, o Goberno local decidiu “redobrar a súa aposta por este evento ampliando o horario e a oferta de actividades”. Deste xeito, a diferencia que no 2024, a cita desenvolverase en horario de mañá e de tarde, entre as 12.30 horas e a madrugada.

Os edís aproveitaron para lanzar un convite á veciñanza a participar, non só tomando parte no evento, senón a facelo “cos seus mellores disfraces”. Ademais do compoñente cultural e de lecer, a Choqueirada de Verán supón un importante revulsivo para a economía local da Pobra. Así, tal e como lembraron Lojo e Sobrido, na primeira edición “moitos negocios tiñan reservas para toda a xornada”.
Programación

O festexo arrincará o sábado, 28 de xuño, ás 12.30 horas, cunha ruada no que Latexo Percusión percorrerá as distintas rúas do municipio. O colectivo realizará un segundo pase ás 14.00 horas.

A programación retomarase pola tarde con dous concertos de grupos locais e tamén da comarca. A sesión vespertina comezará ás 18.30 horas coa banda de versións Ajencia Trivutaria, que actuará no Cantón da Leña. Ás 20.30 horas tomará a remuda o trío musical electro-acústico Leite con Jalletas na praza do Emigrante.

A música continuará ás 23.00 horas, momento no que o grupo Nebulossa subirá ao escenario da praza Alcalde Segundo Durán para interpretar algúns dos seus temas máis recoñecidos. Dentro do repertorio, non faltará Zorra, a canción coa que representaron a España no Festival de Eurovisión en 2024, nin tampouco outras como Venenosa, o seu último sinxelo. A Choqueirada de Verán concluirá cunha macrodisco móbil na praza Alcalde Segundo Duran a cargo de Eme Músic.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.